Clara López

Areas de Tui, Pontevedra, 1968

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED. Mestra de educación infantil no CRA de Tomiño, orientadora no CEIP de Sobrada e profesora de novas tecnoloxías aplicadas á educación na Universidade de Vigo. Na actualidade imparte docencia en materia de proxectos de ilustración na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.