Richard Louv

Estados Unidos, 1949

Xornalista e escritor, os seus libros foron traducidos e publicados nunha vintena de países. É fundador e presidente emérito de Children & Nature Network, un movemento mundial que busca conectar a persoas e a comunidades co mundo natural. Tamén é copresidente honorario de Child in Nature Alliance de Canadá. Traballou para The New York Times, The Washington Post e The Times en Londres, entre outros xornais e revistas como columnista, e forma parte do consello editorial de Ecopsycology e EcoAmerica, ademais doutros medios. Colabora en radio, televisión e imparte conferencias en congresos e xornadas de formación en universidades. Recibiu a Medalla Audubon, o distintivo dos zoolóxicos de San Diego e de Chicago, o Premio Internacional Jane Jacobs Facendo Cidades Habitables e o Premio Cox da Universidade de Clemson. [Fotografía: EricBDynowski]

http://richardlouv.com