Paul Maar

Schweinfurt (Alemaña), 1937

Estudou na Escola Superior de Arte de Stuttgart e exerceu a docencia durante varios anos. Actualmente traballa como escritor e ilustrador. Como autor, editou contos, libros de teatro e guións para programas infantís de televisión. Recibiu, entre outros, o premio Grimm, o E.T. Hoffmann e o Premio Especial de Literatura Xuvenil Alemana polo conxunto da súa obra.