Tiago Manuel

Viana do Castelo, 1955

Artista carismático e singular, autor dunha interesante obra plástica e literaria, adquiriu a súa formación artística cos mestres Aníbal Alcino e Júlio Resende. O seu traballo está presente, tanto en Portugal como no estranxeiro, en institucións e galerías de referencia, sendo premiado en varias ocasións. Últimas exposicións: Mishima, Manifesto de Lâminas (Centro Cultural de Belém, Lisboa, 2008); Galeria Spectrum Sotos (Zaragoza, 2008); Galeria Palmira Suso (Lisboa, 2007); Lugar do Desenho (Fundación Xulio Resende, Gondomar, 2002). Últimas mostras colectivas: Arco (Casa da Cerca, Almada, 2008); Prémio Stuart (Lisboa, 2007, 2006, 2004); Salón Lisboa de Ilustración e Banda Deseñada (Bedeteca de Lisboa / Câmara Municipal de Lisboa, 2004, 2002, 2001, 2000). Como ilustrador publicou nos xornais Público, Expresso, Jornal de Letras, Letras & Letras, O Diário; nas revistas Colóquio/Letras da Fundación Calouste Gulbenkian, Ler-Círculo de Lectores; e nas editoriais Âmbar, ASA, Afrontamento, Media Vaca, Bertrand e Kalandraka. Entre os seus últimos traballos figuran un libro de poesía de Sérgio Godinho e o cartaz da película "Ruínas" de Manuel Mozos. Dende 2000 ten publicados 7 dos seus 25 heterónimos (12 libros). En 2008 creou e empezou a dirixir a colección de cómic "O Filme da minha Vida", editada pola Asociación de Produción e Animación 'Ao Norte', de Viana do Castelo.