Gustavo Martín Garzo

Valladolid, 1948

Licenciado en Filosofía e Letras, especialista en Psicoloxía, é un dos escritores máis recoñecidos das letras actuais: Premio Nacional de Narrativa 1994, Premio Miguel Delibes 1995, Premio Nadal 1999, Premio Sanchez Ruipérez 2003 ao Fomento da Literatura Infantil, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2004, Premio Castela e León das Letras á súa traxectoria... A súa abundante produción literaria -traducida a diversas linguas- abrangue a novela, os relatos, a literatura infantil e xuvenil, o ensaio... Foi fundador das revistas literarias Un ángel más e El signo del gorrión, ademais de colaborador de varios xornais.

Outros libros do mesmo autor en castelán