Pilar Martínez

Burgos, 1959

É diplomada en Maxisterio e licenciada en Educación, especialista en Lingua Galega. Viviu en varios lugares: en Ávila, no Sahara, en Australia e en Galicia, onde adquiriu a súa formación académica e onde traballa actualmente como profesora de inglés no Ensino Secundario. Con anterioridade, durante varios anos, foi mestra de 1º Ciclo. Á parte da súa faceta docente, tamén é asesora lingüística e tradutora de libros, moitos deles publicados por KALANDRAKA.