David McKee

Reino Unido, 1935

Mentres estudaba na Escola de Arte e Deseño de Plymouth comezou a colaborar en varios xornais como caricaturista. The Times e Reader's Digest foron algúns medios prestixiosos nos que traballou antes de dedicarse á ilustración. Como autor, dende 1964 ten publicado numerosos libros infantís que acadaron éxito internacional e foron traducidos noutros países. Moitas obras súas convertéronse en proxectos cine-matográficos e series de animación para televisión. Recibiu, entre outros premios, o Deutcher Jugend-literaturpreis 1987, Children's Choice Selections 1997, International Reading Association 1997 e 1999, e foi nominado ao Premio Hans Christian Andersen en 2006. "Cando penso nos álbums, vexo que non só é un tipo de libros para nenos; tamén o é para adultos, dun xeito peculiar. Gústame pensar que escribo para o adulto que o neno será un día e para o neno que aínda está nun adulto", ten afirmado.