David Merveille

Bruxelas, 1968

Estudou na Escola Nacional Superior de Artes Visuais de La Cambre. Dende principios da década de 1990 publicou máis dunha vintena de libros infantís en varias editoriais. Tamén traballa no eido do deseño publicitario. É profesor de deseñográfico e ilustración no Instituto Saint-Luc, de Bruxelas. Pola súa traxectoria como autor e ilustrador recibiu, entre outros, o Premio Québec/Valonia de Bruxelas e o Premio de Novos Lectores da Vila de Nanterre, ámbolos dous en 2007.

http://davidmerveille.blogspot.com.es/

Outros libros do mesmo autor en castelán