João Pedro Mésseder

Porto, 1957

Pseudónimo literario de José António Gomes, poeta e autor de libros infantís. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Maria Amália Vaz de Carvalho 1999 da Cámara Municipal de Loures. A súa obra figura na Lista de Honra da IBBY. Colabora en obras colectivas, publicacións especializadas e revistas de literatura. Participa nos Encontros Franco-Luso-Galaicos de Literatura Infantil e Xuvenil que se celebran en Porto.