Willemien Min

Holanda, 1956

Estudou na Academia de Artes Gerrit Rietveld de Amsterdam. É profesora da Academia de Artes Visuais de Maastricht e ilustrou numerosos libros infantís para editoriais como Barefoot e Lemniscaat. Foi galardoada pola Bienal de Ilustración de Bratislava e recibiu o Pincel de Ouro de Holanda.