Carmen Montalbán

Talarrubias, Badajoz, 1963

Estudou Educación Infantil na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Badaxoz e Filoloxía Hispánica na Universidade Complutense de Madrid, cidade na que reside dende 1986. Foi profesora de corrección de estilo e colaborou con varias revistas. Foi finalista do Premio Felipe Trigo de Narración Curta. É autora da novela “La casa del manzano”. “Estás na Lúa” foi a súa primeira obra para público xuvenil.

http://www.carmenmontalban.net/