Pep Montserrat

Roda de Ter, Barcelona, 1966

Ilustrador e grafista, estudou pintura en Llotia (Barcelona). Ilustrou numerosos álbums infantís. Pola súa obra, que figura na lista de honra da IBBY, recibiu o Premio Junceda e outros galardóns do Ministerio de Cultura, a Generalitat de Catalunya e a Fundación Santa María. Participou na exposición da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia en 2005. Colabora con xornais e revistas de España e Estados Unidos. Dende 1998 imparte obradoiros na Escola Massana de Barcelona.

http://www.pepmontserrat.com

Outros libros do mesmo autor en castelán