Sergio Mora

Barcelona, 1975

Estudou na Escola de Artes e Oficios Llotja de Barcelona e está considerado un dos expoñentes do movemento Pop Surrealista. Ademais de ilustrar libros infantís, é artista multidisciplinar: pintor, realizador de vídeo, deseñador, decorador, performer e historietista. Colabora con revistas de varios países e participa en campañas de publicidade. A súa obra -que tamén asina como Magicomora- expúxose en galerías e feiras de arte nacionais e internacionais. Foi galardoado co Premio Junceda en 2004 e 2010, e co Premio Grammy Latino de Deseño 2016.

http:// www.sergiomora.com