Mordillo

Bos Aires, Arxentina, 1932

O amor, os deportes, os animais e a vida cotiá conforman o universo gráfico de Guillermo Mordillo, un dos debuxantes humorísticos máis destacados nos anos 70. As súas retrospectivas publicáronse en países de América, Europa e Asia. Comezou a súa traxectoria artística tras titularse como ilustrador, en 1948, na Escola de Xornalismo. Ao principio compaxinaba a ilustración infantil coa animación no estudo Burone Bruché e, posteriormente, nos Estudos Galas, dos que foi cofundador. Traballou en Perú a mediados dos 50 e, na década seguinte, trasladouse a Estados Unidos, onde desenvolveu varios proxectos para Paramount Pictures. En 1963 chegou a París e, durante varios anos, colaborou con editoriais e revistas como Paris Match e a alemana Stern. Pasou os anos 80 en España -país de orixe dos seus pais- e, a finais dos 90, volveu a Francia para instalarse, finalmente, en Mónaco. Presidiu a Asociación Internacional de Autores de Cómics e Cartoons. Recibiu numerosos galardóns: Premio Phoenix (1973), Yellow Kid (Italia, 1974) e Premio Nakaroni (Xapón, 1977), Debuxante do Año no Salón Internacional de Cartoons de Montreal (1977), Palma de Ouro (San Remo, 1978-1983), medalla de prata dos festivais internacionais de debuxo humorístico de Tolentino e Saraievo, medalla de ouro da Asociación de Debuxantes Arxentinos, Profesor Honorífico de Humor (1997) e Catedrático Honorífico (2002) pola Universidade de Alcalá, Premio Haxtur (Asturias, 2004).

http://www.mordillo.com/