Patrick Ness

Estados Unidos, 1971

Estudou Literatura Inglesa na Universidade do Sur de California. Dende 1999 reside no Reino Unido. Impartiu clases de escrita creativa na Universidade de Oxford e traballou como escritor e corrector para varios xornais. Ten publicadas varias novelas para público xuvenil e adulto. Gañou en dúas ocasións a Medalla Carnegie, ademais do Premio Guardian de narrativa infantil e o Booktrust de narrativa xuvenil. Conseguiu o recoñecemento da crítica pola súa triloxía xuvenil "Chaos walking".

http://www.patrickness.com