André Neves

Recife (Brasil), 1973

Graduado en Comunicación Social e Relacións Públicas na Universidade de Pernambuco. Iniciou os seus estudos de Arte en 1995 e dende entón vén participando en varias exposicións de debuxo e pintura. Asistiu á escola de verán de Sarmede (Italia) e á XX Mostra Internacional de Ilustración Infantil Stepan Zavrel. Foi premiado pola Fundación Nacional de Libros Infantís e Xuvenís, e a Asociación de Escritores Brasileiros. Traballa como escritor, ilustrador e deseñador gráfico en Porto Alegre (Brasil).

http://confabulandoimagens.blogspot.com