Paulo Nogueira

Santiago, 1974

Profesor de Educación Musical no Ensino primario. Iniciou a súa traxectoria como gaiteiro da man de Nando Casal (Milladoiro), fundando en 1990 o grupo Ansuiña, en Vilanova de Arousa. Dende 1995 é gaiteiro e percusionista do grupo Treixadura (Premio Galego da Música). Xunto con Magoia Bodega realizaron a dirección e produción musical dos traballos audiovisuais "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24". Tamén imparten cursos de música galega para o profesorado de Ensino Primario e realizan concertos didácticos para escolares. Máis recentemente ocupáronse dos arranxos e da produción musical do libro-disco “Pan de millo”, de Migallas Teatro (KALANDRAKA).