Lucía Novas

Bueu, 1979

Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, exerce a docencia no ensino secundario e é autora dos libros Epiderme de estío (2001, Premio de Poesía do Concello de Carral), e Neve (2010, Premio de Poesía Johán Carballeira). Representada en antoloxías como Das sonorosas cordas (2005), Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006), Erato. Bajo la piel del deseo (2010) ou Novas de poesía. 17 poetas (2014), colaborou con publicacións como Grial, Dorna, PolpA, Casa da Gramática ou Escrita Contemporánea, e recibiu, ademais, os premios Minerva, Universidade de Vigo e Faustino Rey Romero. [Fotografía: Ana Cruces]