Olga Novo

A Pobra de Brollón, 1975

Poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario, exerceu a docencia nas Universidades de Rennes e de Lorient, na Alta e na Baixa Bretaña. Ademais de moitas colaboracións en revistas e mais en antoloxías, publicou os libros A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997, Premio Losada Diéguez), A cousa vermella (2004) e Cráter (2011, Premio da Crítica). Como ensaísta é autora, entre outros, dos volumes O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, 2008) e Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005, Premio de Investigación Ánxel Fole).