Miquel Obiols

Roda de Ter, 1945

Licenciado en Filoloxía Hispánica, foi profesor durante máis de dez anos. En 1977 iniciou a súa traxectoria como escritor, faceta que compaxinou co seu traballo en televisión. Dirixiu programas infantís e xuvenís como “El planeta imaginario”, “Juego de niños”, “Pinnic” e “Más o menos, multiplicado o dividido”. Recibiu o Premio da Generalitat de Catalunya, o Premio da Crítica na Feira de Bolonia en 1992, o Premio Ondas Internacional e a Medalla de Bronce (Nova Iork) por “Pinnic”. Colaborou con editoriais como Juventud, La Galera, Aliorna, SM e Anaya. Os seus libros traducíronse a varias linguas.

http://www.miquelobiols.com