Anxo Pastor

Vilardonas, 1959

Pintor, poeta e galerista. Nos seus debuxos de pequeno formato, de liñas e tintas augadas, a mancha evoca a forma. As súas imaxes, románticas e surrealistas, intimistas e contemplativas, son a unión da candidez e da natureza, representan un mundo imaxinario cheo de símbolos inspirados na nenez das persoas, como un xeito de recobrar a inocencia perdida.