Marta Peirano

Madrid, 1975

Xornalista e escritora, é especialista en cultura libre, tecnoloxía, arte dixital, criptografía, dereitos e liberdades na rede. Foi fundadora de CrytoParty Berlín, sobre seguridade e privacidade en Internet, e do colectivo Elástico, co que en 2005 impulsou o proxecto Copyfight. Foi xefa adxunta en eldiario.es, directora de cultura en ADN e colaborou en JotDown, Muy Interesante e Consumer. Dende 2009 publicou varios libros, tanto propios como en colaboración con outros autores.