Michèle Petit

París, 1946

É antropóloga e estudou socioloxía, linguas orientais e psicoanálise. Foi nomeada investigadora honoraria do Centro Nacional para a Investigación Científica (París), onde traballou dende 1972 a 2010. Dende 1992 centrou os seus estudos na lectura e na relación de nenos e mozos cos libros, facendo fincapé na análise da experiencia lectora. Dirixiu investigacións sobre a lectura no medio rural e o papel das bibliotecas públicas na loita contra os procesos de exclusión. Dende 2005 enfocou o seu labor na análise do papel da lectura en lugares de conflictos armados, comunidades empobrecidas e migracións forzosas. É autora de numerosos ensaios e libros, entre os que destacan "Unha infancia no país dos libros", "A arte da lectura en tempos de crise", "Novos achegamentos aos mozos e á lectura" e "Lecturas: do espazo íntimo ao espazo público". Fotografía: Manolo García