Jean Piaget

Neuchâtel, 1896; Xenebra, Suíza, 1980

Piaget foi biólogo de formación, epistemólogo por vocación e psicólogo por necesidade. As súas investigacións na psicoloxía infantil centráronse, en particular, nas operacións lóxicas e no razoamento causal. Autor dunha extensa e sólida bibliografía, dirixiu o Institut de Sciences de l'Éducación e tamén o Bureau International d'Éducation en Xenebra, ademais de fundar o Centro Internacional de Epistemoloxía Xenética. A súa influencia no sector educativo foi e aínda é moi notable, ao contribuír ao impulso das escolas novas e activas e á renovación nas políticas educativas. 

http://www.archivesjeanpiaget.ch