Pinto & Chinto

David Pintor (A Coruña, 1975) & Carlos López (Boimorto, A Coruña, 1967) David Pintor e Carlos López comezaron a colaborar como humoristas gráficos en 1993 e dende entón traballaron en varios xornais. Actualmente publican unha viñeta de humor diaria en La Voz de Galicia. Hoxe son a principal referencia da caricatura política en Galicia. Entre os seus premios de humor gráfico destacan o Curuxa do Humor (Museo do Humor de Fene), o Haxtur (Salón Internacional do Cómic de Oviedo) e o Hermés (Concello de Barakaldo). En 2001 inician a súa exitosa incursión na literatura infantil. Tras máis de 20 libros convertéronse nuns dos autores máis galardoados e prolíficos de Galicia: Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura e Dora Vázquez, selección na Feira Internacional de Boloña en 2007, 2010, 2011 e 2013, na Bienal Internacional de Bratislava, e premio especial do xurado no Festival do Libro Infantil de Corea Nami Island.

Outros libros do mesmo autor en castelán