David Pintor

A Coruña, 1975

Humorista gráfico, ilustrador e pintor. Dende 1993 pertence a Pinto&Chinto, que publican as súas viñetas en La Voz de Galicia. En 2011 foi finalista dos CJ Picture Book Awards e incluido na lista The White Ravens; seleccionado para expoñer en varias edicións da Bienal de Ilustración de Bratislava e da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Recibiu, entre outros, o premio da Society of News Design, o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, o Premio Internacional Clermont-Ferrand de cadernos de viaxe, e o Premio Ilustrador do Ano Città del Sol.

http://www.davidpintor.com

Outros libros do mesmo autor en castelán