Nikolai Popov

Saratov, Rusia, 1938

Graduado no Instituto Poligráfico de Saratov, é membro da Federación Rusa de Pintores, da Academia Rusa de Deseño Gráfico e foi nomeado pintor honorífico no seu país. Actualmente imparte clases na Universidade de Washington, en Seattle. Entre os numerosos recoñecementos que recibiu por todo o mundo destacan dúas medallas de ouro na Exposición Internacional das Artes do Libro en Leipzig, un Gran Premio e a medalla de ouro da Bienal de Ilustración de Bratislava.

https://nikolaipopovartist.wordpress.com