Amalia Lú Posso Figueroa

Quibdó, Colombia, 1947

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Nacional de Colombia. Traballou como psicoterapeuta, foi directora-psicóloga do Centro de Atención Integral ao Preescolar e coordinadora de Excelencia Académica da Universidade Nacional de Colombia. Tamén exerceu como profesora catedrática nas universidades Pontificia Bolivariana de Medellín, Jorge Tadeo Lozano e Los Andes de Bogotá. Na súa faceta como narradora ten actuado en escenarios de Colombia, Venezuela, Arxentina, México, Brasil, Ecuador, Xamaica, Estados Unidos, Francia e España.