Joana Rêgo

Porto, 1970

Dende que ten uso de razón, sempre lle gustaron as imaxes; logo as palabras e, a partir de aí, da relación das imaxes coas palabras, ou das palabras coas imaxes... foi cando comezou a pintar. E é pintando e pensando no que pintar cando se sente feliz. Tal vez por iso o destino designou a súa traxectoria vital: licenciouse en Pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Porto. Posteriormente viaxou a Estados Unidos para realizar un Máster en Pintura no Instituto de Arte de San Francisco, como bolseira da Fundación Calouste Gulbenkian e da Fundación Luso-Americana para o Desenvolvemento. Na actualidade, ademais de ser unha recoñecida e premiada artista plástica, con numerosas exposicións e obras tanto en coleccións públicas como privadas, é profesora na Escola Superior de Artes e Diseño tras rematar o seu doutoramento na Universidade de Vigo. Florbela Espanca, antologia poética é o seu primeiro libro como ilustradora.