Justin Richardson

Nova York, 1963

Psiquiatra. Estudou na Universidade de Harvard e exerceu na Facultade de Medicina da Universidade de Columbia. Traballa para escolas de Nova York impartindo charlas dirixidas a profesores, estudantes, nais e pais sobre o desenvolvemento da orientación sexual en nenos e adolescentes. Ademais de "Con Tango son tres", é co-autor do libro "Todo o que nunca quixeches que os teus fillos souberan sobre sexo (pero temías que o puideran preguntar)".