Eugénio Roda

Barcelos, 1965

Pseudónimo de Emílio Remelhe, pintor e profesor de Escrita Creativa e Ilustración na Escola Superior de Artes e Deseño de Matosinhos. Traballa nos eidos das artes visuais e da literatura. Os seus textos foron ilustrados por diversos artistas. Xunto con Gémeo Luís participa na publicación de libros a través do selo Edições Éterogémeas. Foi nominado pola Sociedade Portuguesa de Autores para o Premio Autores 2010. Pertence á Asociación Luso-Galaica de Investigación en Literatura Infantil-Xuvenil.

http://emilioremelhe1.weebly.com