Joel Franz Rosell

Cruces (Cuba), 1954

Escritor, ilustrador, crítico, profesor e xornalista. Viviu en Cuba, Brasil, Dinamarca, Arxentina, España e Francia, países nos que escribiu numerosos libros para nenos. Algunhas obras súas foron adaptadas para televisión, radio, cómic e fotonovela, teatro e narración oral, principalmente no seu país natal. Tamén publicou traballos de crítica e de ensaio en xornais e revistas de Europa, América e Asia. Entre outros recoñecementos, obtivo a distinción The White Ravens (Biblioteca Internacional da Xuventude, Alemaña) en 1996 e 2005, o Premio La Rosa Blanca (Unión de Escritores e Artistas de Cuba, seis veces entre 1995 e 2005) e o Premio da Cidade de Cherburgo (Francia, 2001).

http://elpajarolibro.blogspot.com/