Rossini

Pésaro, 1792; París, 1868

Fillo dun trompetista e dunha soprano, dende a nenez estivo vencellado á ópera. Estudou no Liceo Musical de Boloña, onde entrou en contacto coa obra de Mozart e Haydn, que influíron no seu estilo. A súa traxectoria comezou a despuntar en 1813, co estreo de "Il signor Bruschino", á que lle seguiron numerosas óperas. Establecido en París dende 1824, creou a súa derradeira partitura, "Guglielmo Tell" en 1829. A pesar do éxito, abandoou totalmente a composición operística cando só tiña 37 anos. Está considerado internacionalmente como un dos principais baluartes do repertorio lírico italiano, grazas a óperas bufas como "Il barbiere di Siviglia", "La Cenerentola" ou "L'italiana in Algeri".