Dora Sales

Castellón, 1974

Tradutora especializada en literatura poscolonial, sobre todo india e africana. Ten colaborado con editoriais como Espasa, Siruela, Random House-Mondadori e Altaïr. Preparou edicións críticas de textos literarios latinoamericanos. Licenciada en Filoloxía Inglesa e doutora en Tradución e Interpretación, actualmente é profesora titular na Universidade Jaume I. Tamén ten experiencia en materia de xestión cultural. Entre outros, é autora dos libros "Y oyes cómo llora el viento" (Lóguez) e "Puentes sobre el mundo" (Peter Lang).