Cesáreo Sánchez Iglesias

Dadín, Irixo, 1951

Activista cultural desde os tempos de estudante, fundando e encabezando colectivos comprometidos co noso futuro como pobo, foi director de edicións d'A Nosa Terra e actualmente preside a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, cargo no que sucedeu a Uxío Novoneyra. Fiel á poesía desde a súa estrea como autor con Silencios e conversas de inverno (1978), en case catro décadas de cultivo ininterrompido do xénero deu títulos tan sobranceiros para as nosas letras como Ortigas da memoria (1985), O rostro da terra (1996), O rumor do distante (2001, Premio Esquío), ou Caderno do Nilo (2013, Premio Losada Diéguez). Fotografía: [Eduardo Castro Bal]