Antonio Sandoval

A Coruña, 1967

Escritor, comunicador ambiental e ornitólogo. É autor de "¿Para qué sirven las aves?" (Ed. Tundra, 2012), "Las aves marinas de Estaca de Bares. Un diario personal" (Tundra, 2015), a novela "BirdFlyway. Un viaje en familia por la Ruta de las Aves" (Lynx, 2016), e o texto do álbum ilustrado "A árbore da escola" (KALANDRAKA, 2016). Tamén é coautor do manual "Cuándo ver Aves en Galicia. Ideas mes a mes para familias, aficionados y expertos" (Tundra, 2014). Colabora con diversos medios de comunicación galegos, estatais e internacionais. Dende hai máis de vinte anos forma parte do equipo 'Prensa Escuela' de La Voz de Galicia, diario no que colabora semanalmente con artigos sobre natureza. Ten publicado textos científicos en revistas ornitolóxicas e impartido numerosas charlas. Profesionalmente ten participado en proxectos de comunicación e educación ambiental, interpretación do patrimonio e turismo de natureza. Está vencellado a organizacións de estudo e conservación do medio natural, e é membro colaborador do Instituto Xosé Cornide de Estudios Coruñeses.

http://antoniosandovalrey.weebly.com/