Catarina Sobral

Coimbra, 1985

Estudou Ilustración na Universidade de Évora, Deseño na de Aveiro e completou a súa formación na Facultade de Belas Artes de Barcelona. Os seus traballos foron publicados en editoriais portuguesas. Participou en exposicións e proxectos de animación. Recibiu o Premio Internacional de Ilustración da Feira do Libro Infantil de Boloña (2014), unha mención especial do Premio Nacional de Ilustración en Portugal (2011), o Premio ao Mellor Libro Infantil da Sociedade Portuguesa de Autores (2013) e foi distinguida na lista The White Ravens (2013).

http://catarinasobral.com

Outros libros do mesmo autor en castelán