Silvina Socolovsky

Buenos Aires, 1965

Estudou na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón de Bos Aires e na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. Dende 1991 compaxina os seus traballos de pintura e de ilustración coa docencia. A súa obra exponse e comercialízase en mostras individuais e colectivas, galerías e feiras de arte. Recibiu en 1994 o 1º premio do Concurso Nacional de Pintura do Concello de Leganés; seguíronlle outros galardóns en certames de Badaxoz, Cádiz, Alacante, Xaén, Soria, Mérida ou Vigo. (Foto: Norma Carlana)

http://silsocolovskyilustraciones.blogspot.com.es

Outros libros do mesmo autor en castelán