María Solar

Santiago de Compostela, 1970

Escritora e xornalista, traballa na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Ademais de licenciada en Xornalismo, tamén é licenciada en Bioloxía, diplomada en Maxisterio e especialista en información ecolóxica e medioambiental. Como comunicadora recibiu os premios Mestre Mateo en 2012 e 2013 destinados ao programa cultural ZigZag, do que foi presentadora; e o 2º Premio Galicia Innovación de Xornalismo de Investigación. Publicou unha decena de libros infantís, polos que recibiu o Premio Lazarillo 2014, os Premios Frei Martín Sarmiento 2014 e 2013, e foi distinguida na selección The White Ravens 2015.

http://mariasolar.com/web/es