Marco Somà

Italia, 1983

Estudou Pintura na Academia de Arte e, logo de graduarse, afondou no campo da ilustración, participando no Master Ars in Fabula (Macerata). É ilustrador profesional, con varios álbums infantís publicados, e imparte cursos de Técnicas Pictóricas e de Cómic na Academia de Arte de Cuneo. A súa obra foi seleccionada para expoñerse na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña en 2011 e para o Anuario da Asociación Italiana de Ilustradores. Recibiu o premio especial á calidade técnica no certame Scarpetta d'Oro 2010.

http://marcosoma.blogspot.com.es