Vanina Starkoff

Arxentina, 1981

Estudou Deseño Gráfico na Universidade de Bos Aires. En 2005 comezou a formarse como ilustradora na escola de arte Sótano Blanco, con José Sanabria. Actualmente é asistente do obradoiro Procesos Creativos, que coordina Sanabria nese mesmo centro de formación, onde Vanina Starkoff imparte o curso de ilustración dixital infantil. Tamén traballa de ilustradora e deseñadora independente. Colabora con editoriais e revistas de varios países.

http://vanina-starkoff.blogspot.com/