Marc Taeger

Berna (Suiza), 1963

Estudou deseño gráfico en Barcelona. Afincado en Galicia, traballa como ilustrador e deseñador. Animación, pintura, escultura e arte gráfica son as especialidades da súa obra, que se expuxo en Luxemburgo, Alemaña, China, España, Francia e Costa Rica. Polo seu traballo de ilustración e deseño no álbum "A verdadeira historia de Carapuchiña" (KALANDRAKA), recibiu o Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005. Tamén ilustrou os álbums "Aquiles o puntiño", "Garavanciño", "Tic-tac" e, no selo FAKTORÍA K, "Artur" e "A Guía Necsia".

http://www.marquski.com