Shaun Tan

Australia, 1974

Licenciado en Belas Artes e mais en Literatura Inglesa pola Universidade de Western Australia. Actualmente traballa como artista e autor freelance en Melbourne. Tamén participa en proxectos de escenografía, arte conceptual e películas. A súa afección pola ilustración comezou na nenez e continuou na adolescencia: as súas primeiras obras eran de temática fantástica. Xa como profesional, os seus álbums teñen enfoque social, político e histórico. Libros como "Emigrantes" ou "A árvore vermelha", editadas por Kalandraka en portugués, foron traducidas por toda Europa, Asia e Sudamérica. Entre outros premios, recibiu en 2001 o World Fantasy Best Artist Award pola súa traxectoria artística.

http://www.shauntan.net