Miguel Tanco

Badajoz, 1972

Estudou ilustración na Escola de Artes Visuais de Nova York e na escola Stepan Zavrel de Sarmede. Dende Milán, onde reside, traballa para editoriais de todo o mundo. Imparte clases de ilustración e talleres infantís. Foi seleccionado para participar na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Recibiu varios recoñecementos da Society of Illustrators de Los Ángeles, do Magazine of Contemporary Illustrators e dos World Illustration Awards. A súa obra foi exposta en varias cidades italianas.

http://migueltanco.com