Francesco Tonucci

Fano, Italia, 1940

Educador e psicopedagogo, autor de numerosos libros sobre a infancia na sociedade actual. Graduado en Pedagoxía en 1963 (Universidade Católica de Milán), traballou como mestre e dirixiu o Departamento de Psicopedagoxía do Consello Nacional de Investigación italiano. Desde 1991 realiza na súa cidade natal de Fano o proxecto "A cidade dos nenos". En 1997 foi nomeado presidente do Comité Italiano de Televisión e Menores, para a protección da infancia. Colabora coa Cidade da Ciencia de Nápoles e co seu Laboratorio dos nenos; é asesor científico do proxecto "O museo dos nenos" de Roma e doutras entidades vencelladas ao Proxecto Internacional da Cidade dos Nenos, que se está a desenvolver en Italia, España e varios países latinoamericanos. Nos últimos anos vén realizando unha gran difusión das súas investigacións a través de distintas obras que, desde o italiano, tradúcense a outras linguas.

http://www.lacittadeibambini.org/