Adela Turin

Italia, 1939

Historiadora da arte e escritora, nos anos 60 adicouse a analizar os sesgos sexistas na literatura infantil. Formou parte, en Milán, do grupo Rivolta, vencellado ao movemento feminista. Co obxectivo de combater a discriminación de xénero dende o ámbito da familia patriarcal, decidiu crear a colección "Dalla parte delle bambine" que, entre 1975 e 1980, publicou máis dunha vintena de títulos. Adela Turín e Nella Bosnia traballaban, daquela, en La Rinascente. Anos despois trasladouse a París, onde -xunto con Silvie Cromerfundou a asociación "Du côté des filles", que dende 1994 investiga e denuncia os casos de sexismo nos materiais educativos, ademais de xerar mecanismos de sensibilización dirixidos ao sector editorial, institucións e público en xeral. Ademais de ler e viaxar, na actualidade escribe artigos e imparte conferencias.