Felipe Ugalde

México DF, 1962

Estudou Comunicación Gráfica na Escola Nacional de Artes Plásticas da UNAM (México), onde foi profesor de Ilustración. Ao longo da súa traxectoria artística recibiu diversos galardóns. Participa coa súa obra en exposicións e imparte obradoiros de plástica. Traballa como ilustrador de álbums infantís, libros de texto e material didáctico dende hai máis de 20 anos. Creou a historia de Un gran soño a raíz de participar nun taller de álbum ilustrado celebrado na Cidade de México.