Tomi Ungerer

Estrasburgo (Francia), 1931

O ambiente bélico dos seus primeiros debuxos reflectía o seu rexeitamento á guerra e ao fascismo. En 1956 emigrou a Nova York, onde comezou a escribir libros infantís que tiveron moito éxito. Publicou en medios tan importantes como The New Yorker, Esquire, Life Show ou Fortune. Xa no cumio da súa carreira durante os anos 60, Ungerer plasmou na súa obra a súa reacción contra a hipocresía e a superficialidade da sociedade americana. Mudouse a unha granxa en Canadá e a finais dos 70 trasladouse a Irlanda coa súa familia. A súa produción, que abrangue catro décadas de creación, calcúlase entre 30.000 e 40.000 traballos de diferentes estilos, e máis de 120 libros. Entre outros galardóns, recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade de Ilustradores e o Premio Hans Christian Andersen en 1998. Ademais de debuxante, tamén desenvolveu outra faceta como filántropo, colaborando en causas humanitarias. https://www.musees.strasbourg.eu/musee-tomiungerer

http://www.tomiungerer.com/