Emilio Urberuaga

Madrid, 1954

Galardoado en 2011 co Premio Nacional de Ilustración pola súa traxectoria artística, que comezou na década de 1980. Dende entón a súa obra está nas principais fundacións e museos do mundo. Creador da imaxe do célebre personaxe 'Manolito Gafotas', ilustrou preto dun cento de libros infantís publicados en varias editoriais, entre os que destaca "As catro estacións: Vivaldi" (KALANDRAKA). Recibiu tamén o VII Premio Anaya, o Premio Crítica Serra d'Or e foi incluído na lista The White Ravens.