Tina Vallès

Barcelona, 1976

É filóloga e dedícase á escritura, á tradución e á corrección de textos. É autora das coleccións de relatos L'aeroplà del Raval (LaBreu, 2006), Un altre got d'absenta (LaBreu, 2012) e El parèntesi més llarg (Proa, 2013), que obtivo o Premi Mercè Rodoreda 2012 de contos e narracións, así como da novela Maic (Baula, 2011). En 2016 publicou un conto para primeiros lectores (Totes les pors, La Galera) e un álbum ilustrado (Bocabava, Fragmenta). É editora do portal de contos Paper de vidre e membro fundador da Associació Professional de Traductors i Intèrprets de Catalunya (APTIC). https://tinavallescriu.wordpress.com/